O Camiño de Muxía e Fisterra

En xullo de 2026, Un Camiño de Lembranzas volveu poñerse en marcha da man de O Teu Xacobeo, desta volta para continuar a viaxe máis alá de Compostela e percorrer o Camiño de Muxía e Fisterra. Partimos de Santiago de Compostela, coincidindo coa chegada de Walking the Talk for Dementia, para avanzar despois pola Costa da Morte a través de Zas, Dumbría e Muxía, ata culminar a nosa viaxe no Faro de Fisterra, alí onde durante séculos persoas do todo o mundo contemplaron o sol desaparecer no océano Ao longo das cinco etapas descubrimos o patrimonio, a natureza, as tradicións e, sobre todo, as persoas que dan vida ao Camiño. En Zas, achegámonos á historia de Brandomil; en Dumbría, compartimos experiencias arredor do seu patrimonio natural e rural; en Muxía, unimos tradición e compromiso ambiental; e en Fisterra, chegamos ao final do noso particular Camiño cun encontro no Faro. Un percorrido no que cultura, inclusión, medio ambiente e intercambio interxeracional camiñaron da man. Nesta nova aventura volvemos contar co noso padriño, o presentador da TVG Emilio Guillín, e coa nosa madriña, Laura Franco, acompañando un proxecto no que as persoas maiores e as persoas con alzhéimer e outras demencias volveron ser as verdadeiras protagonistas. Un Camiño de Lembranzas que comezou en 2022 entre a Illa de Arousa e Compostela e que, catro anos despois, seguiu avanzando cara á Costa da Morte. Porque chegar a Santiago non sempre significa chegar ao final: ás veces é só o momento de seguir camiñando, creando novas lembranzas e apostando polo futuro.



Bringing your brand's unique story to life, elevating its vision, and amplifying its voice across the digital landscape.

Headquarter

Privacy Preference Center

Secret Link