Illa de Arousa

Comenza o Camiño polo Mar de Arousa nunha tradicional dorna

Hoxe, luns 26 de setembro comeza unha viaxe ilusionante. Somos trinta persoas, chegadas dende os centros de Santiago de Compostela, Ribeira e A Estrada e iniciamos a nosa travesía por mar cara a Compostela.

O alcalde da Illa de Arousa, Carlos Iglesias e a tenente alcalde, Rosa Viana, xunto con membros de BATA-Autismo, desperíronnos no porto de Xufre antes de subir a unha marabillosa dorna coa que remontamos este trociño de oceáno Atlántico ata o río Ulla.

Subidos a este barco, facilitado amablemente pola Asociación Cultural e Deportiva Dorna, navegamos as veces a motor, as veces a vela, como ben fixeron os nosos antepasados.

Antes quixemos coñecer esta fermosa illa da Arousa e a súa riqueza medioambiental para o cal nos desprazamos ao Parque Natural do Carreirón que pertence ao Complexo Intermareal Umia – O Grove – A Lanzada – Punta Carreirón – Lago Bodeira, e que foi declarado no ano 2004 Red Natura 2000. Tamén ten a catalogación como: Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral.

Rematados cansados/as pero felices de vivir un día esplendoroso.