Catoira
Convertémonos en ‘restauradores’ das torres de Catoira
Chegamos a vila dos viquingos. Aquí somos recibidos polo alcalde Alberto García e por Ana González, responsable do Centro de Interpretación das Torres do Oeste (CACTO). Ela, que tamén é arqueóloga tennos preparado un obradoiro de escultura na que nos convertemos en ‘Restauradores por un día’ xunto cun grupo de rapaces e rapazas do colexio de Catoira.
Pasear ao lado das Torres do Oeste é toda unha experiencia. Sabemos que foron levantadas no s. XII por orde do arcebispo Xelmírez, coa misión de pechar o paso ás expedicións escandinavas e sarracenas que se dirixían a Compostela e que durante o s. XVIII serviron para defenderse dos ataques ingleses. Estamos ante Monumento Nacional que agocha grandes historias.
Ademais acompañounos a famosa influencer galega, Laura Franco, quen informou en directo nas súas redes, Instagram e Tiktok da xornada asegurando estar encantada de vivir esta experiencia polo que repitirá noutro tramo da ruta.
Que xornada tan interesante de coñecemento da riqueza patrimonial de Galicia e de intercambio interxeneracional!
Continuamos. Mañá directos a Pontecesures!