Rois
Descubrimos o Xardín do Recordo de Rois
Continuamos o noso Camiño de Santiago e hoxe chegamos ao concello de Rois, onde nos recibe o seu alcalde, Ramón Tojo e AMIPA, unha das asociacións desta vila, que se convertiron en anfitrións da visita.
Primeiro descubrimos o Xardín do Recordo, creado en lembranza dos falecidos de Angrois, que destaca pola súa frondosa natureza e profundo significado. Rois ten unha paisaxe moi marcada pola influencia do Val do Sar e dos ríos de Liñares e Rois, onde podemos atopar enorme variedade de hábitats e especies.
Tamén percorrimos o Pazo do Faramello, do cal Rosalía Dixo que “a súa beleza conxela a alma”. Todos e todas disfrutamos desta visita. As palabras que máis se escoitaron foron “espectacular” e “fermoso”. Tamén nos deleitamos cos seus xardíns e as súas lendas.
Finalmente o famoso escultor, natural de Rois, Camilo Seira, achegouse a saudarnos e explicar a súa obra.