Pontecesures
‘Bo Camiño’ dende Pontedeume a todos os camiñantes
O día amenazaba choiva e estaba oscuro. Pero logramos descubrir Pontedeume sen mollarnos! Está é unha vila cercana pero descoñecida para moitos de nós e na que nos sentimos como na casa.
Acompañounos o seu alcalde, Manuel Vidal que nos deu unha fenomenal lección de historia, e a concelleira de Educación, Laura Villar, sempre amabilísima. Da súa man visitamos a Ponte Romana sobre o río Ulla, do século I, e que durante case dez séculos deu o nome a este lugar,
A media mañá visitamos os rapaces de rapazas do CPI Pontecesures, cos cales compartimos unha clase de pintura e disfrutamos das explicacións do profesor Raúl, da asociación A Barcarola, e da bibliotecaria Teresa, que nos contou vida e obra do seu paisano, Carlos Maside.
Sentados ao carón destes rapaces de sexto de primaria regresamos a nosa infancia e prometemos volver porque aínda temos moito por compartir.
Tamén conversamos uns intres con peregrinos de EEUU, de Brasil, Arxentina e de varias partes do mundo desexándonos mutuamente ‘Bo Camiño’.